Alta Novos autónomos

60€ (IVE incluído)

Máis información

Servizos incluídos

  • Solicitude de certificado dixital (Se xa dispós do certificado descontámosche 10€).
  • Alta inicial na Axencia Tributaria (Rexistro no censo de empresarios e profesionais IAE).
  • Alta inicial no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.
  • Alta nos rexistros de notificacións electrónicas: DEH (060), Xunta de Galicia (Notifica.gal) e Seguridade Social.

Para outros trámites, consúltanos prezo

Opcións

  • Axuda da Xunta para novos autónomos

    Se cumpres os requisitos podemos encargarnos da túa axuda, consúltanos prezo. Contía da axuda: Entre 2.000 e 10.000€

Asesoría fiscal e contable Pack básico

dende 59€/mes
(+ IVE 21%)

Máis información

Servizos incluídos

  • Asesor persoal para as túas consultas.
  • Elaboración de Libros Rexistro Oficiais Contables: Ingresos, Gastos e Bens de inversión.
  • Presentación Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
  • Presentación Modelo trimestral (130) de IRPF (Pago fraccionado).
  • Presentación Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
  • Presentación Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (alquiler de local).
  • Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
  • Declaración trimestral ou anual de operaciones intracomunitarias (349).
  • Emisión de certificados tributarios (Certificado situación censal IAE, certificado estar ó corrente coa Axencia Tributaria, etc.)

Contestación de requerimentos tributarios (non incluído no Pack), consúltanos prezo

Notas no pack básico

Facturación máxima ata 100 asentos contables por trimestre entre facturas emitidas e recibidas. Necesitas máis… mira o Pack avanzado.

Asesoría fiscal e contable Pack avanzado

dende 79€/mes
(+ IVE 21%)

Máis información

Servizos incluídos

  • Asesor persoal para as túas consultas.
  • Elaboración de Libros Rexistro Oficiais Contables: Ingresos, Gastos e Bens de inversión.
  • Presentación Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
  • Presentación Modelo trimestral (130) de IRPF (Pago fraccionado).
  • Presentación Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
  • Presentación Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (alquiler de local).
  • Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
  • Declaración trimestral ou anual de operaciones intracomunitarias (349).
  • Emisión de certificados tributarios (Certificado situación censal IAE, certificado estar ó corrente coa Axencia Tributaria, etc.)

Contestación de requerimentos tributarios (non incluído no Pack), consúltanos prezo.

Notas no pack avanzado

Facturación máxima ata 250 asentos contables por trimestre entre facturas emitidas e recibidas. Necesitas máis… consúltanos prezo.

Asesoría laboral Pack laboral

dende 35€/mes (1 empregado)
(+ IVE 21%)

+8€/mes (empregado adicional)
(+ IVE 21%)

Máis información

Servizos incluídos

  • A tramitación dos seguros sociais da empresa e a elaboración da nómina mensual dun único empregado e tamén dos empregados adicionais engadidos ao pack.
  • Asesor persoal: Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
  • Emisión de informes e certificados de índole laboral (Informe de vida laboral, cotización, estar ó corrente coa Seguridade Social, etc.)

Servizos complementarios (non incluídos no Pack)

  • Alta do empresario en Seg.Social (inclúe apertura do código conta cotización e comunicación da apertura do centro de traballo á autoridade laboral): 40€ (+ IVE 21%)
  • Alta en Seg.Social do traballador por conta allea, elaboración do contrato de traballo e rexistro do mesmo no Servicio Público de Emprego: 15€ (+ IVE 21%)
  • Baixa en Seg.Social do traballador, cálculo de finiquito, preaviso de cese ou carta de despido, emisión de certificado de empresa e envío telemático ó SEPE: 20€ (+ IVE 21%)
  • Cambios nas condicións do contrato do traballador e comunicación das variacións na Seg.Social: 10€ (+ IVE 21%)
  • Estudio de costes salariais previa contratación: 25€ (+ IVE 21%)
  • Tramitación de partes médicos Alta/Baixa/Confirmación en Seg.Social de traballadores por conta allea: 5€ (+ IVE 21%)/cada parte
  • Tramitación da solicitude de pago directo na Mutua Colaboradora por causa da baixa médica dun traballador autónomo: 40€ (+ IVE 21%)
  • Tramitación de partes Delta en caso de baixa médica por accidente laboral: 15€ (+ IVE 21%)
  • Atención de requerimentos e reclamacións Seg.Social/Inspección de traballo/Sepe: Prezo segundo estudio previo
  • Trámites ERTEs : Prezo segundo estudio previo

Outros servizos

  • Declaración anual do IRPF (Mod. 100)

    Non se inclúe nos PACKs ao tratarse de un imposto persoal que abarca rentas e desgravacions persoais aparte do negocio como autónomo/a.

    Consúltanos prezo
  • Solicitudes de prestacións e pensións da seguridade social e xestións con mutuas

    Solicitude de pago directo de incapacidade temporal (IT común e Accidente de traballo), prestación por risco de embarazo, maternidade ou paternidade, viudedade, xubilación, pensións a favor de familiares, etc.

    Consúltanos prezo
  • Contratación de empregados do fogar

    • Asesoramento e estudio previo do custo salarial da contratación.
    • Alta do Código Conta Cotización do empregador e alta do empregado na Seguridade Social.
    • Elaboración do contrato de traballo.
    • Emisión de nóminas mensuais.
    Consúltanos prezo
  • Liquidación de impostos Autonómicos da CC.AA. Galicia

    • Sucesións e Donacións.
    • Transmisións patrimoniais e Actos xurídicos documentados.
    • Impostos sobre Incremento de Valor de Terreos Natureza Urbana (IIVTNU) "Plusvalía".
    • Trámites de cambio de titularidade en Catastro.
    Consúltanos prezo

Resolvemos as túas dúbidas

Repasa as cuestións máis frecuentes ou consúltanos por WhatsApp ou correo electrónico

Quen somos?

Somos asesores profesionais especializados na xestión e asesoramento de traballadores autónomos, a nosa principal tarefa é ofrecerlle ó pequeno autónomo un mellor servizo.

Caracterizámonos polo trato cercano e amigable cos nosos clientes, ofrecéndolles a profesionalidade e rigor que caracteriza o noso traballo.

Qué servizos ofrecemos?

Ofrecemos un servizo integral en canto á xestión fiscal, contable e laboral do teu negocio, polo que nos encargaremos persoalmente e de forma directa de todas as obrigas tributarias e laboráis que debes cumprir como autónomo.

Cómo traballamos?

En canto ó funcionamento do servizo fiscal/contable: Para que poidamos levar a túa contabilidade e fiscalidade ó día e ter un maior control do teu negocio, cada trimeste terás que remitirnos os teus ingresos e gastos da actividade, ben enviándonos copia de ditas facturas por correo electrónico ou vía whatsapp. É especialmente importante que poidamos dispoñer das facturas de ingresos e gastos antes do día 10 dos meses de presentación de impostos (abril, xullo, outubro e xaneiro).

Se o prefires dispoñemos dun servizo de recollida de documentación, pasaremos a recoller a túa documentación se o teu negocio está situado no Concello de Santiago de Compostela ou concellos limítrofes. (Consúltanos a posibilidade desta opción).

A partir de ahí encargarémonos do resto, (confeccionaremos a túa contabilidade nos libros rexistro e presentaremos os impostos correspondentes ante a Axencia Tributaria).

En canto ó funcionamento do servizo de laboral, no caso de que teñas ou queiras contratar traballadores, só deberás comunicarnos as túas necesidades e un asesor persoal estará a túa disposición para realizar os trámites necesarios en materia laboral.

Que documentación necesito para contratar os vosos servizos?

Si o que queres é darte de alta como novo autónomo só necesitamos nos facilites:

  • Informarnos si dispós de certificado dixital
  • Copia do DNI ou NIE e pasaporte
  • Número de conta bancaria na que sexas titular
  • Email e número de móvil de contacto

Para que poidamos ser a túa asesoría fiscal/contable deberás enviarnos a seguinte documentación:

  • Informarnos si dispós de certificado dixital
  • Copia do DNI ou NIE e pasaporte
  • Modelos fiscais presentados no exercicio anterior e actual (Só no caso de que ainda non dispoñas de certificado dixital)
  • Libros rexistro de ingresos, gastos e bens de inversión do ano actual e/ou no seu defecto, facturas emitidas e recibidas
  • Última declaración da renda (Só no caso de que ainda non dispoñas de certificado dixital)
  • Número de conta bancaria na que sexas titular
  • Email e número de móvil de contacto

No caso de que nos encargues o asesoramento e xestións laborais e xa dispoñas de traballadores, debes enviarnos:

  • Informarnos si dispós de certificado dixital
  • Contratos vixentes e DNIs ou NIEs dos empregados
  • Nóminas do exercicio actual xa elaboradas
  • Último TC2 / RNT (Relación Nominal de Traballadores)
  • Informe ITA (Informe de traballadores en Alta) e IDC (Informe de datos de cotización dos traballadores) (Só no caso de que ainda non dispoñas de certificado dixital)
  • Declaracions trimestrais dos Modelos 111 presentados no exercicio actual (Só no caso de que ainda non dispoñas de certificado dixital)
  • Número de conta bancaria na que sexas titular
  • Email e número de móvil de contacto

Si o prefires, tamén podes facilitarnos o contacto da túa anterior asesoría ou xestoría e coa túa autorización poñerémonos en contacto para recabar toda a documentación que necesitemos.

Cal é a forma de pago? Hai permanencia?

A forma de pago será mediante transferencia bancaria ó número de conta que se informará na factura que se enviará ó seu destinatario polo servizo prestado. Tamén se poderá acordar o pago mediante recibo domiciliado.

Por suposto, non existe permanencia. Podes cancelar o noso servizo en calquera momento previo aviso, cunha antelación de un mes.

Cómo contacto con vos?

Podes comunicarte en calquera momento por teléfono (sempre que sexa horario laboral) ou mediante correo electrónico, mensaxería whatsapp ou redes sociais, como che sexa máis cómodo. Obterás resposta nun prazo breve de tempo.

Plan de Emprego Local, Deputación da Coruña